Preguntas frecuentes

Se non atopas nesta páxina a resposta que necesitas
non dubides en contactar connosco.

Qué é o revenue management?

O concepto xurde no sector da aviación e trasládase a hostelería. Consiste en vender o produto axeitado ao cliente indicado, no momento idóneo, ao prezo correcto e na canle que máis nos conveña. É dicir, usar ferramentas de análise, cruzar datos e tomar decisións pra optimizar as ventas e sacar o máximo beneficio.

Qué é unha estratexia dinámica de prezos?

En ocasións, e concretamente nos establecementos de menor tamaño, acostumados a traballar con 2 ou 3 tempadas de prezos, pero sempre hai unha importante gama de grises que axudaránnos a sacar a máxima rendabilidade das nosas habitacións.

Hai formas de aforrar costes sen baixar a calidade do meu produto?

Unha boa estratexia de revenue management ten en conta tanto o aforro de comisións como o doutros costes derivados da explotación. En función da tempada, das características do aloxamento e do destino podemos levar a cabo estratexias que non só incrementen ingresos, senón que diminúan costes o que supón unha maximización do beneficio.

Podo aforrar comisións e vender o mesmo?

Cada caso é un mundo, pero efectivamente, estudando cada aloxamento, a súa casuística e levando a cabo unha boa estratexia de distribución, o aforro está asegurado.

Soamente vendo en fins de semana. Cómo podo desastacionalizar a demanda?

Vai a depender do destino e as sinerxias e negociacións que podamos levar a cabo con outras empresas que traballen na zona, así como a elección das axeitadas vías de distribución.

Adoitaba recibir todas as reservas por teléfono e agora teño que traballar con Booking e outros distribuidores cas súas comisións, non podemos voltar ao punto de partida?

O mundo dixitalizado no que nos movemos actualmente e en concreto no sector da hostelería, parece que chegou para ficares. Polo tanto, temos que comezar a concebir os intermediarios como colaboradores necesarios e non coma inimigos. Non obstante, nosa estratexia de distribución pasa por tratar de recuperar certa cuota de mercado cós menores costes posibles.

Teño reservas de habitacións pero non logro que consuman outros servizos que ofrecemos no aloxamento.

Axudaremos e formaremos a teu persoal en estratexias de cross selling e up selling (venta cruzada) onde ofertaremos ao cliente produtos complementarios que inicialmente non mercaron.

Se me piden un grupo, collóo? que sucede se me cancelan antes da data e deixei de vender habitacións?

Sen dúbida hai que contextualizar a situación (tamaño do grupo, número de noites, servizos extra contratados, tempada,…) Nos estudaremos o desprazamento de ingresos que supón o deixar de vender ao cliente individual e aconsellarémosche as mellores condicións a aplicar para evitar situacións pouco agradables de última hora.

Cál é o prezo máximo ao que podo vender as miñas habitacións?

Non hai un teito de prezo como tal, vaino marca a oferta, a data, a praza, nosa ubicación e instalacións…hai que estudar aisladamente cada momento e cada situación nun mesmo aloxamento e non perder de venta a nosa notoriedade online.

Para min é moi complexa a terminoloxía actual, cómo sei o que me están vendendo se non o entendo?

Unha das máximas de Envés é a empatía e o trato de preto cos nosos clientes. Preocupámonos en coñecer persoalmente ao cliente e explicar tódolos conceptos cun vocabulario axeitado pra o noso interlocutor. Polo tanto, non debes preocuparte xa que falaremos no mesmo idioma.

A externalización da estratexia pode ser custosa. Encaixa un aloxamento de pequenas dimensións?

Ao igual que os servizos de Envés son persoalizables segundo as características do negocio, nosos prezos están adaptados para tódolos públicos.

É necesario contar cunha tecnoloxía para xestión do meu aloxamento?

Non é necesario, pero na maioria dos casos é aconsellable. Farache a vida máis sinxela, acadarás unha maior rentabilidade e eficiencia e evitarás máis erros humanos.

Pódese facer revenue en hostels?

Pódese facer revenue en todo tipo de aloxamentos turísticos que podémonos imaxinar (apartamentos, hotels, campings, casas rurais,…) Se voltamos a pregunta de “qué é o revenue” veremos que esta técnica pódese axustar a todo tipo de unidades aloxativas.

Non son do sector pero estoume plantexando montar un aloxamento turístico, é aconsellable?

Analizando o caso concreto e có asesoramento de profesionais, todo é posible.

Este sitio web utiliza cookies de terceros con la finalidad de obtener información estadística que permita mejorar su experiencia. Al pulsar el botón está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies