Revenue Management

Mediante unha estratexia dinámica de prezos maximizamos o beneficio do teu negocio adaptándoo ao longo do ano segundo
os cambios do mercado.
Auditoria previa

Analizamos o teu negocio, plantexando unha nova estratexia de prezos e distribución.

Optimización dos ingresos e gastos

Melloramos a xestión de reservas para acadar o máximo beneficio de cada praza.

Formación de persoal

A estratexia sempre será consensuada, explicada e entendida polas persoas responsables do aloxamento.

Paso 1 – Estudo e renovación da estratexia

Para saber a onde queremos chegar, necesitamos saber primeiro en que situación atopámonos. Noso proceso comenza efectuando unha auditoria para coñecer cales son as características do teu establecemento e as súas necesidades específicas.

  • Auditoría previa da estratexia de prezos , distribución e comercialización do aloxamento feita antes pola propiedade antes do comezo da colaboración.
  • Plantexamento dunha estratexia de prezos, estudando os dados de histórico así como a evolución da demanda e a oferta da nosa praza.
  • Carga de prezos acorde coa estratexia consensuada.
  • Estratexia de distribución. Decidiremos que canles convirtennos máis e mellor, cales necesitamos e cales podemos prescindir delas, que condición deberíamos negociar e como traballaremos cada unha delas.

Paso 2 – Incremento dos ingresos e redución dos gastos

Ca información obtida no paso anterior, imos a optimizar os procesos de xestión de reservas para conseguir o máximo beneficio de cada unha das prazas do noso establecemento reducindo os gastos e comisións

  • Previsión da demanda e anticipación da estratexia. Periódicamente revisarase a situación para tratar de non perder ningunha das reservas que cheguen ó noso destino.
  • Dinamización do produto. En ocasións, necesitamos un novo punto de vista para tratar de atopar máis posibilidades ó noso aloxamento. Para iso, realizaremos unha visita inicial ás instalacións.
  • Cotización de grupos. Debemos decidir cando nos insteresa o grupo e qué condicións darlles en función da data, a ocupación…
  • Deseño de promocións e ofertas. Trataremos de aumentar a nosa visibilidade nos distribuidores vía campañas ou ofertas, segundo o momento e a necesidade.
  • Resolución de incidencias. Ca lectura das reservas, a tecnoloxía que utilicemos ou simplemente dúbidas de operativa.
  • Xestión e mantemento de ferramentas (PMS, Channel Manager, Motor de Reservas, OTAs…)
  • Análise diario e informe periódico de:
    • Ritmo de reserva (pick up)
    • Ratios (cancelación, no show,…)
    • Competencia
    • Evolución do ingreso por habitación dispoñible (RevPAr), Prezo Medio (ADR), Ocupación e Notoriedade Online.

Paso – 3 Formación e aprendizaxe

Orientámonos a pequenos e medianos aloxamentos fuxindo da linguaxe e a complexidade das grandes corporacións. Para iso, sempre estarás ao día das novidades na xestión de canles e acordaremos xuntos a estratexia óptima para o noso aloxamento.

  • Dossier informativo para o uso e manexo da cada un das canles ca que traballaremos.
  • Elaboración de estratexias para o incremento da venta directa.
  • Plan de fidelizaciónQue o cliente volva é a chave para os nosos aloxamentos, axudámosche a desenrolar a estratexia.

Contacta connosco para mellorar os beneficios do teu aloxamento.

Necesitas axuda para mellorar os beneficios do teu establecemento e reducir costes? Contacta connosco para obter máis información.