Revenue Management
Mediante unha estratexia dinámica de prezos maximizamos o beneficio do teu negocio adaptándoo ao longo do ano segundoos cambios do mercado.
Auditoria previa
Analizamos o teu negocio, plantexando unha nova estratexia de prezos e distribución.
Optimización dos ingresos e gastos
Melloramos a xestión de reservas para acadar o máximo beneficio de cada praza.
Formación de persoal
A estratexia sempre será consensuada, explicada e entendida polas persoas responsables do aloxamento.
Para saber a onde queremos chegar, necesitamos saber primeiro en que situación atopámonos. Noso proceso comenza efectuando unha auditoria para coñecer cales son as características do teu establecemento e as súas necesidades específicas.
- Auditoría previa da estratexia de prezos , distribución e comercialización do aloxamento feita antes pola propiedade antes do comezo da colaboración.
- Plantexamento dunha estratexia de prezos, estudando os dados de histórico así como a evolución da demanda e a oferta da nosa praza.
- Carga de prezos acorde coa estratexia consensuada.
- Estratexia de distribución. Decidiremos que canles convirtennos máis e mellor, cales necesitamos e cales podemos prescindir delas, que condición deberíamos negociar e como traballaremos cada unha delas.
Paso 2 – Incremento dos ingresos e redución dos gastos
Ca información obtida no paso anterior, imos a optimizar os procesos de xestión de reservas para conseguir o máximo beneficio de cada unha das prazas do noso establecemento reducindo os gastos e comisións
- Previsión da demanda e anticipación da estratexia. Periódicamente revisarase a situación para tratar de non perder ningunha das reservas que cheguen ó noso destino.
- Dinamización do produto. En ocasións, necesitamos un novo punto de vista para tratar de atopar máis posibilidades ó noso aloxamento. Para iso, realizaremos unha visita inicial ás instalacións.
- Cotización de grupos. Debemos decidir cando nos insteresa o grupo e qué condicións darlles en función da data, a ocupación…
- Deseño de promocións e ofertas. Trataremos de aumentar a nosa visibilidade nos distribuidores vía campañas ou ofertas, segundo o momento e a necesidade.
- Resolución de incidencias. Ca lectura das reservas, a tecnoloxía que utilicemos ou simplemente dúbidas de operativa.
- Xestión e mantemento de ferramentas (PMS, Channel Manager, Motor de Reservas, OTAs…)
- Análise diario e informe periódico de:
- Ritmo de reserva (pick up)
- Ratios (cancelación, no show,…)
- Competencia
- Evolución do ingreso por habitación dispoñible (RevPAr), Prezo Medio (ADR), Ocupación e Notoriedade Online.
Paso – 3 Formación e aprendizaxe
Orientámonos a pequenos e medianos aloxamentos fuxindo da linguaxe e a complexidade das grandes corporacións. Para iso, sempre estarás ao día das novidades na xestión de canles e acordaremos xuntos a estratexia óptima para o noso aloxamento.
- Dossier informativo para o uso e manexo da cada un das canles ca que traballaremos.
- Elaboración de estratexias para o incremento da venta directa.
- Plan de fidelizaciónQue o cliente volva é a chave para os nosos aloxamentos, axudámosche a desenrolar a estratexia.